+34 981 220 585 :: [email protected]

Coloreando Pontevedra

Paula Mayor

9.50

Unha preciosa maneira de descubrir ou redescubrir Pontevedra, á vez que damos renda solta á nosa creatividade.

Dispoñible

Category:

Coloreando Pontevedra

Un libro de colorear para todos: para nenos, para maiores, para pontevedreses, para visitantes…

Unha preciosa maneira de descubrir ou redescubrir Pontevedra, á vez que damos renda solta á nosa creatividade.

Un percorrido pola histórica cidade en 56 páxinas, con 40 preciosas ilustracións de Paula Mayor, e cun mapa e un índice explicativo que nos servirán para identificar mellor os recunchos e monumentos que recolle o libro: desde a histórica igrexa da Peregrina á ponte dos Tirantes, pasando polo famoso papagaio Ravachol ou a praza da Leña.

Un bonito recordo para levar a casa despois dunha viaxe a Pontevedra e un precioso agasallo para todos os habitantes da cidade do Lérez.

Autora: Paula Mayor

“Os recordos máis felices da miña infancia están profundamente vencellados con ter un lapis nas miñas mans. Contos, historias, cómics… daban paso a un mundo no que mergullarse e soñar. Desde o momento en que descubrín a ilustración non a puiden abandonar; deste xeito a miña profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico (maquetación, infografía, deseño téxtil e editorial, publicidade…), comezando así unha traxectoria que me permitiu compaxinar o meu labor coa miña paixón.

Traballei en moitos e diferentes ámbitos da ilustración —a exploración de novos campos sempre me tentou—, con libros infantís, cómics, carteis para organismos oficiais, etc., e teño a gran satisfacción de ser premiada en varias ocasións.

Dar vida a personaxes é algo que despois de tanto tempo segue fascinándome; por iso sempre estou impaciente por empezar novos retos que me fagan crecer como artista.”

 Descargar ficha:

Autor/a:

ISBN:

Tamaño:

Idioma:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…