Mª Luz Pintos, fenomenóloga

Libro colectivo de homenaxe á profesora Mª Luz Pintos

14,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vaise achegando ao seu medio século de existencia. Mª Luz Pintos Peñaranda, na súa condición de alumna da primeira promoción, foi testemuña de excepción daqueles tempos incertos, mais ateigados de futuro. Os estudos comezaron no curso 1973/74 cun oficio do Secretario Xeral da Universidade de 17 de setembro de 1973 no que autorizaba a matrícula para o primeiro curso, común ás carreiras de Filosofía, Psicoloxía e Pedagoxía. As clases comezan o día 8 de xaneiro de 1974 grazas a unha resolución reitoral. A Orde Ministerial autorizando estes estudos oficiais na USC tardaría algo máis dun ano. Por fin, o 15 de febreiro de 1975, cando xa o réxime de Franco esmorecía, publicouse no Boletín Oficial do Estado a tan agardada disposición legal.

Temos a sorte de contar neste libro colectivo de homenaxe á profesora Mª Luz Pintos co relato de Carlos Baliñas Fernández, o factótum deste milagre académico que posibilitou que en Galicia se consolidase unha tradición filosófica que ata entón dera nomes ilustres, nados como mapoulas ventureiras nunha terra máis afeita á creación literaria ou artística que a elucubración filosófica.

Mª Luz Pintos representa, ademais, a incorporación da muller ao eido do pensamento filosófico que agromou a partir de entón na USC pois realizou todo o percorrido académico e profesional, ata converterse en profesora da área de Filosofía daquela Facultade que naceu con tres seccións (Filosofía, Psicoloxía e Pedagoxía) e foise quedando soa a medida que se convertían en facultades independentes as seccións de Psicoloxía, primeiro, e de Ciencias da Educación, algo despois.

Os coordinadores deste libro, compañeiros de Mª Luz na Facultade de Filosofía e membros da xunta directiva da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía que promove este libro, conformamos unha representación de tres xeracións distintas dentro da historia da Facultade, correspondentes aos anos oitenta, noventa e á primeira década do dous mil.

A Sociedade Interuniversitaria de Filosofía quixo render homenaxe con este libro a unha filósofa compostelán da primeira fornada que profundou e continuou os vieiros da fenomenoloxía de Husserl e Merleau-Ponty, que matinou arreo para repensar o posto do ser humano no mundo, a carón dos demais seres vivos; que quixo atopar o sentido recóndito que move os fíos da historia; e dalgún outro tema que rañou a súa curiosidade.

Descagar ficha:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

ISBN

978-84-123871-1-7

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Páxinas:

236

Ano de publicación

2021

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mª Luz Pintos, fenomenóloga”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio