O que che contamos nestas páxinas aconteceu xa hai ben de anos pero foi tan importante, que a súa protagonista, María Pita, segue a ser hoxe en día un exemplo da afouteza das mulleres.
Esta aventura vaite transportar a unha época onde no mar había moreas de piratas, pero… non todos saíron coa súa.
Autora e ilustradora: Estefanía Padullés
Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña. Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde rea- lizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters). Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos.
Nos últimos anos, desde que vivo en Galicia, realicei varios contos ilustrados, O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, A manchas ou a raias?, Leopoldo, o pequeno monstro e Que mal día, gato Klops! son os publicados por Hércules de Ediciones
Descargar ficha: Ficha "María Pita"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.