+34 981 220 585 :: [email protected]

Mi bebé estrella. Una historia de muerte perinatal

Luisa López Gutiérrez

15.00

«Síntoo, non hai latexo».

Unhas palabras que cambiaron a vida dunha familia que esperaba con amor a chegada do seu fillo Miguel na recta final dun embarazo feliz. Mi bebé estrella é un canto á vida, contado a través dos ollos de Luisa, unha mamá en duelo á que a vida lle ha arrebatado o máis prezado, o seu bebé.

Mi bebé estrella. Una historia de muerte perinatal

«Síntoo, non hai latexo».

Unhas palabras que cambiaron a vida dunha familia que esperaba con amor a chegada do seu fillo Miguel na recta final dun embarazo feliz. Mi bebé estrella é un canto á vida, contado a través dos ollos de Luisa, unha mamá en duelo á que a vida lle ha arrebatado o máis prezado, o seu bebé.

Este libro proporciona un halo de esperanza, pero tamén alude ao poder transformador do duelo, que chega a maior parte das veces cando uno menos o espera, arrasando con todo o que atopa ao seu paso. A autora combina a súa historia persoal con consellos sobre esa maternidade tan peculiar que lle tocou vivir, e que sen dúbida axudarán a outras mamás na mesma situación.

Mi bebé estrella fala de superación persoal en tempos de duelo, e pon voz a tantas mamás e familias que viven coa ansiedade e a tristeza de coñecer e dicir adeus aos seus fillos nun mesmo suspiro.

Autora: Luisa López Gutiérrez

Luisa López Gutiérrez é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse nos últimos anos en comunicación empresarial, asesorando a numerosas entidades desde a súa empresa Lelouise Comunicación. Na actualidade, colabora como tertuliana radiofónica e compaxina o seu traballo de xornalista co voluntariado en diferentes oenegués.

O 24 de xaneiro de 2019 a súa vida deu un envorco cando lle dixeron que o seu fillo Miguel, de 8 meses de xestación, falecera antes de nacer. A partir de aí, a vida de Luisa cambia e o seu espírito inquieto céntrase en investigar e divulgar sobre morte perinatal no seu propio blogue, desde onde conecta con nais en duelo de todo o mundo. Ela define o que pasou neste tempo como “o maior acto de amor que xamais imaxinase”. A súa vida cambaleouse nese momento e decidiu contar como afrontou o reto de vivir con ilusión e optimismo o seu día a día.

Descargar ficha:

Autor/a:

Ilustrador/a:

Idioma:

ISBN:

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.