+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Mitos e leyendas da Galicia máxica

José Luis Casteleiro Santos e Carlos Sardiña

12.90

A intención deste libro foi recompilar e ilustrar, de xeito sinxelo pero vistoso, algúns daqueles mitos e lendas máis representativos de Galicia, co obxectivo de contribuír á súa divulgación, tamén entre os máis novos, como exemplo da exorbitante riqueza que conforma a nosa tradición folclórica, de inmenso valor cultural e patrimonial.

Clear
Category:

A mitoloxía galega bebe de moitas fontes e é herdeira de diferentes tradicións, entre elas da mitoloxía clásica, nórdica e bretoa. Tamén recolle trazos dos antigos contos populares europeos e do bestiario medieval, polo que moitos dos relatos que compoñen o seu extenso imaxinario teñen os seus equivalentes noutras culturas. Estes mitos foron obxecto de especial interese para os grandes clásicos da literatura galega; mais, hoxe en día, encóntranse practicamente esquecidos e resultan descoñecidos para boa parte dos galegos.

Polo tanto, a nosa intención con este libro foi recompilar e ilustrar, de xeito sinxelo pero vistoso, algúns daqueles mitos e lendas máis representativos, co obxectivo de contribuír á súa divulgación, tamén entre os máis novos, como exemplo da exorbitante riqueza que conforma a nosa tradición folclórica, de inmenso valor cultural e patrimonial.

Os Autores:

Autor do texto: José Luis Casteleiro Santos

Autor dos libros Galicia inmaterial, Galicia máxica; Ser un PJ: cómo alcanzar el éxito; El éxito al alcance de tu mano e Las 10 claves del Coaching. É Licenciado en Humanidades e Experto en Xestión do Patrimonio. Posúe un Máster en Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña (UDC) e conta cun dobre Posgrao en Coaching pola UDC e a Universidade Isabel I; ademais de ser Experto en Coaching pola Escuela Superior de Cualificaciones Profesionales e a European Association of Professional Coaching.

Ilustrador: Carlos Sardiña

Carlos é ilustrador e deseñador gráfico. Fundador de Telodibujamos.com, é autor de numerosas publicacións de carácter personalizado. Como ilustrador, colaborou en libros como Galicia acorda, Bóveda ou Ferro Caaveiro, o arquitecto rebelde da catedral, ademais de con diferentes institucións e entidades privadas. Tamén é autor das ilustracións dos libros Galicia inmaterial, Galicia máxica; Del tulipán al Bitcoin e Rosalía no Seixo, á beira do mar.

Descargar ficha técnica:

Autor/a:

Ilustrador/a:

ISBN:

Idioma:

,

Encadernación:

Páxinas:

Ano de publicación:

You may also like…