+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Mulleres e poder

Mary Beard

12.50

Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton.

Category:

Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se resisten a ser encadradas en esquemas masculinos.

Tras recapacitar verbo das agresións sexistas e de xénero experimentadas persoalmente na rede, Mary sostén que se non se percibe ás mulleres dentro das estruturas de poder, entón o que hai que redefinir é o propio poder.

O libro leva máis de trece edicións noutros tantos países, ademais de varias reimpresións e novas edicións no Reino Unido.

Autora: Mary Beard

Mary Beard é unha das clasicistas máis orixinais e máis coñecidas en activo na actualidade. É catedrática de Clásicas do Newnham College, Cambridge, directora da sección de Clásicos do The Times Literary Supplement (TLS) e membro da Academia Británica e da Academia Americana de Artes e Ciencias.

Entre os seus libros están Pompeii: The Life of a Roman Town (2008) galardoado co Premio Wolfson de Historia, e o seu grande éxito de vendas, SPQR: A History of Ancient Rome (2015).

Entre outras moitas distincións, Beard recibiu o Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2016.

Descargar ficha:

Autor/a:

Traductor/a:

ISBN:

Idioma:

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.