Palabras de pedra

Palabras de pedra pretende visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, nun mundo que non está deseñado para elas e ao cal deben adaptarse, ás veces dende a soidade máis absoluta e a pesar da incomprensión e mesmo do rexeitamento.

Novela galardoada co Premio Asubío de Novela 2021.

17,00 

Categoría: Etiqueta:

Palabras de pedra

Novela galardoada co Premio Asubío de Novela 2021.

Palabras de pedra é a historia dunha decisión. O protagonista, un home con autismo de alto rendemento, decide realizar unha viaxe acompañado do seu fillo Guille —moito máis afectado—, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de todos aqueles que sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns, exesposa). A odisea que nos propón Palabras de pedra non é a viaxe en si, senón todas as vicisitudes que o personaxe principal debe sortear ata que chega o momento mesmo de subir ao avión e emprender a viaxe co seu fillo.

O relato está narrado en primeira persoa, o que obriga o lector a mirar tanto o contorno coma o resto de personaxes a través da pupila dun home con autismo, con todo o que iso supón: literalidade na linguaxe, problemas de socialización ou nivel baixo de empatía. Ao mesmo tempo, invítao a entender que o mundo pode ser visto e vivido doutras maneiras igualmente enriquecedoras.

Palabras de pedra pretende visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, nun mundo que non está deseñado para elas e ao cal deben adaptarse, ás veces dende a soidade máis absoluta e a pesar da incomprensión e mesmo do rexeitamento.

Trátase dunha novela acerca do autocoñecemento, da asunción das propias limitacións e de como é posible aceptar o risco que supón atreverse, a pesar delas, a soñar.

Autor: Ginés Cruz

Ginés Cruz Zamora nace en abril de 1971 en Torre-Pacheco (Murcia). É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Murcia e en Dirección de Coros polo CSM de Murcia. Traballa como profesor de secundaria.

Publica a súa primeira novela, Rosas Negras (Raspabook), en 2017. Palabras de pedra (Hércules de Ediciones, 2022), a súa segunda novela, é galardoada co Premio Asubío de Novela 2021.

Descargar ficha técnica:

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN

978-84-18966-11-8 (castellano) y 978-84-18966-12-5 (gallego)

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2022

Páxinas:

180

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio