Que teñen que ver as vacas co cambio climático?

Neste libro que tes nas mans explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático.

Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático.

E quen ten ese SUPERPODER?

Pois todas as persoas que consumimos.

16,00 

Neste libro que tes nas mans explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático.

Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático.

E quen ten ese SUPERPODER?

Pois todas as persoas que consumimos.

Autora: Marian Martínez Izquierdo

Nacín nas beiras da lagoa salgada máis grande de Europa, o Mar Menor, onde con 15 anos e cun grupo de amigos do instituto montamos o Grupo Naturalista Mar Menor. Desde aí fomos facendo camiño na defensa da conservación da natureza e iso fixo que me decidise a estudar primeiro un ano de Bioloxía en Murcia e, finalmente, Ciencias do Mar nas Illas Canarias. Al  foi onde Luisa e eu nos atopamos no camiño e seguimos xuntas nesa AMIZADE (con maiúscula) que “nace para quedar para sempre”. Canarias adoptoume e alí sigo nas illas que me namoraron, rodeada do grande océano Atlántico. Desde o ano 1998 son consultora ambiental de profesión, onde nunca deixei de estudar, aprender, innovar, compartir e poñerme en acción. Traballei na planificación e xestión de espazos naturais protexidos, son educadora ambiental, formei persoas que hoxe son educadoras ambientais e colaboro activamente con asociacións de conservación da natureza e voluntariado ambiental. En relación co cambio climático en concreto, traballei na adopción de medidas de adaptación e amortecemento nos sectores do turismo, da agricultura e da gandería, estudos de pegada de carbono, actuacións de restauración ambiental e reforestación en espazos degradados… 23 anos implicada con vocación no meu traballo dan para facer moitas cousas.

Nestes momentos estou a traballar como técnica ambiental superior na empresa pública GESPLAN, colaborando no desenvolvemento da Estratexia Mariña, no Plan de ordenación do Espazo Marítimo das Illas Canarias e na Axenda Canaria de Desenvolvemento sostiblle ODS 14 medio mariño, do Goberno de Canarias.

Autora e ilustradora: Luisa Martínez Lorenzo

Dra. en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia. Desde moi pequena sentín unha enorme curiosidade e admiración pola natureza, que fun alimentando con libros, guías de campo e documentais. Considérome moi afortunada porque na mi a infancia sempre estiveron presentes a costa, o monte, a praia… en ver n na Chabola (Praia Am rica, Nigr n) e tam n na nosa aldea (Ferreiros, Boiro). Estudei Ciencias do Mar na Universidade das Palmas de Gran Canaria e al  foi onde descubr n esas illas (que considero a mi a segunda casa, con permiso de canarias e canarios) e onde me atopei con Marian. Marian   moito m is ca unha amiga,   a mi a familia elixida. Ela e outras persoas incribles deixaron unha profunda pegada na mi a vida. Desde sempre, gustoume debuxar. No ano 2018 publiquei o meu primeiro libro: “Puf! Vaia peido!” e, desde 2019, dirixo a colecci n de divulgaci n cient fica Lanterna de Arist teles. Marian e eu vivimos moitas experiencias xuntas: viaxes, proxectos, traves as, aventuras, desgustos, penas e risas… e agora este libro que tes nas mans! Oxalá che guste; nel está  a nosa esencia e a nosa visión sobre os retos que temos por diante como especie.

Descargar ficha:

Incluido na Muestra del Libro Infantil y Juvenil da Comunidade de Madrid como un dos mellores libros editados en 2022. 

Peso 0,3 kg
ISBN

978-84-18966-07-1 (castellano); 978-84-18966-08-8 (gallego)

Páxinas:

40

Tamaño:

22 x 30 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Autoría

,

Ano de publicación

2022

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Que teñen que ver as vacas co cambio climático?”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio