TEXTO_ Isabel Martínez Latas
FOTOGRAFÍA_ José M. Salgado
IDIOMAS DE EDICIÓN: Castelán
Dividida en tres bloques que describen polo miúdo os tres aspectos principais de Compostela (o Apóstolo, a catedral e a urbe), esta obra caracterízase polas espléndidas imaxes que revelan recunchos, prazas, intres… desta cidade que combina maxistralmente tradición e modernidade.
Este volume dedicado a Compostela inicia unha nova serie sobre cidades baixo o subtítulo “para conocerte y no olvidarte”. Como non podía ser doutro xeito, ao iniciarse a colección en Ano Xubilar, a serie comeza con Santiago de Compostela, unha cidade inesquecible que é fragmentada con mimo para facela perdurar na memoria dos que a habitan e a visitan.
Para deleite dos amantes da imaxe, todas as fotografías, de grandes formatos, están impresas coa máxima calidade, e parecen saírse do papel para introducir ao lector nas ruelas e monumentos que mereceron o título de Patrimonio da Humanidade.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.