+34 981 220 585 :: [email protected]

Unha educación

Tara Westover

19.50

«Fermoso e alentador… Malia a singularidade da súa infancia, as preguntas que se formulan no seu libro son universais: Canto de nós debemos darlles ás persoas que amamos? Ata que punto debemos traizoalas para crecer?».

Dispoñible

Tara Westover, que naceu nas montañas de Idaho no seo dunha familia de mormóns fundamentalistas cuxo obxectivo era prepararse para a chegada da fin do mundo, tiña dezasete anos a primeira vez que entrou nunha aula. A súa familia vivía tan illada da sociedade convencional que non había ninguén que se preocupase porque os fillos acudisen á escola nin ninguén que interviñese cando un dos irmáns máis vellos se volveu violento. Tras o ingreso doutro dos seus irmáns na universidade, Tara decidiu probar unha forma diferente de vivir. O interese polo coñecemento transformouna e levouna a cruzar océanos e continentes, a Harvard e á Universidade de Cambridge. Só entón se preguntou se non se afastara de máis, se aínda podería encontrar o camiño de regreso á casa.

Primeiro posto dos máis vendidos no New York Times, Wall Street Journal e Boston Globe • Un dos libros máis aclamados dos nosos tempos: os recordos inesquecibles dunha moza que, privada de ir á escola, abandona a familia survivalista e consegue doutorarse pola Universidade de Cambridge.

Considerado un dos mellores dez libros do ano polo suplemento literario do New York Times • Finalista: do NationalBook Critics Circle’s Award na sección de Memorias e no John Leonard Prize como mellor libro • Premio PEN/Jean Stein • Premio ao mellor libro de Los Angeles Times.

«Fermoso e alentador… Malia a singularidade da súa infancia, as preguntas que se formulan no seu libro son universais: Canto de nós debemos darlles ás persoas que amamos? Ata que punto debemos traizoalas para crecer?». — Vogue

Descargar ficha:

 

Autor/a:

Traductor/a:

ISBN:

Idioma:

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…