Emilia Pardo Bazán: La escritora en Miraflores

Ofrecemos neste libro un ramallete de contribucións sobre a ilustre escritora e intelectual decimonónica Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851-Madrid 1921). Sobre a vida e a obra de dona Emilia escribiuse moito. A nota diferencial deste libro é ofrecer, ademais do seu perfil intelectual e literario, a faceta máis sanxenxina da escritora. A condesa de Pardo Bazán pasou, na súa infancia e mocidade, deliciosas tempadas estivais no Pazo familiar da Torre de Miraflores, un balcón sobre o mar, situado moi preto do centro de Sanxenxo.

13,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:
Hai, na parte alta do pazo da Torre de Miraflores, un gran hórreo e, non moi lonxe, un banco de pedra desde o que se contempla en todo o seu esplendor Sanxenxo, Portonovo e a amplitude da ría de Pontevedra, antes de fundirse co océano Atlántico. Imaxínome a dona Emilia alí sentada, cun libro aberto nas súas mans, que deixou caer dulcemente sobre o seu colo, mentres contempla absorta o azul indistinguible do mar e o ceo, un azul Sanxenxo, que enfeitiza e rouba para sempre o corazón aos que, como ela, aprenderon a amar a paisaxe e veciñanza deste recuncho atlántico.
Ofrecemos neste libro un ramallete de contribucións sobre a ilustre escritora e intelectual decimonónica Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851-Madrid 1921). Sobre a vida e a obra de dona Emilia escribiuse moito. A nota diferencial deste libro é ofrecer, ademais do seu perfil intelectual e literario, a faceta máis sanxenxina da escritora. A condesa de Pardo Bazán pasou, na súa infancia e mocidade, deliciosas tempadas estivais no Pazo familiar da Torre de Miraflores, un balcón sobre o mar, situado moi preto do centro de Sanxenxo.
En Sanxenxo leu, escribiu e viviu con emoción a paisaxe natural e humano do que denomina nos seus Apuntamentos Autobiográficos un “gracioso pueblecillo de pesca”, que habería de converterse, quen o diría entón, nunha importante capital turística. No veraneo sanxenxino descubriu a súa paixón pola literatura, cando apenas contaba nove anos. Unhas vivencias que quedaron inmortalizadas en varias obras, onde aparece Sanxenxo co nome literario de Portodor, describindo a este recuncho do Salnés como “la comarca más pintoresca que soñarse puede”.

Coordinadores: Marcelino Agís Villaverde, Francisco Javier Barcia González, Rocío Carolo Tosar.

Editan: Galicia Milenio. Foro de Pensamiento y Opinión (Seminario de Estudios Locales de Sanxenxo) e Hércules de Ediciones.

 Descargar ficha:
Peso 0,5 kg
ISBN

978-84-949817-4-6

Idioma:

Castelán

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Páxinas:

116

Ano de publicación

2019

Encadernación:

Rústica con solapas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Emilia Pardo Bazán: La escritora en Miraflores”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio