O encontro entre un heroe mitolóxico e un xigante colosal só podía dar como resultado o nacemento dunha torre de lenda…
Deixa voar a túa imaxinación e descubre unha historia da Torre de Hércules que nunca che contaran.
Autor e ilustrador: Enrique López
Enrique López naceu na Coruña, e desde pequeno viuse irresistiblemente atraído polas boas historias, en especial polas que empregaban a narrativa gráfica, xa fosen contos ilustrados ou cómics. Con cinco años, os seus xoguetes favoritos eran unha folla en branco e un lapis, proporcionándolle horas e horas de entretemento. Desde entón, sempre estiveron presentes na súa vida, tanto na súa formación como arquitecto, como na súa paixón polo retrato e a ilustración. Actualmente, segue a desfrutar con eses compañeiros de xogos como o primeiro día, compaxinando a creación de contos infantís e xuvenís, coa realización de actividades en bibliotecas e escolas para fomentar a lectura e desenvolver a imaxinación e a creatividade. Todo iso sen deixar de lado a moi gratificante experiencia de contar boas historias ao seu fillo. En Hércules publicou Clara e o rapto do solpor, Vida Sa! Desde a infancia e para sempre e Ring, ring…! Quen rima?
Descargar ficha: Ficha "Hércules e o Xigante"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.