Era unha vez un acuario e os seus habitantes,
todos iguais, todos distintos.
Un mundo pequeno, mais con problemas,
onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita
sobre diferenzas, prexuízos, axuda…
Un conto ilustrado e de éxito moi coñecido
entre os máis novos.
Autor: João Pedro Mésseder
JOãO PEDRO MÉSSEDER. Profesor de ensino superior e natural do Porto, é autor de obras para a infancia, varias delas distinguidas con galardóns en diferentes premios, como o Premio Autores da Sociedade Portuguesa de Autores, en 2017, por De Umas Coisas Nascem Outras; Premio Bissaya Barreto de Literatura para a Infancia, en 2014, por Pequeno Livro das Coisas; Mención do xurado do Premio Compostela, en 2008, por El Tiempo Vuela / O Tempo Voa; Listas de Honra do IBBY 2000 e 2006, por Versos com Re-versos e por Palavra que Voa, respectivamente. Autor ademais de libros para adultos, mereceu, en 1999, o Premio Maria Amália Vaz de Carvalho de Poesía co seu libro Fissura. En Hércules de Ediciones publicou Conto da Travesía das Musas.
Ilustradora: Célia Fernandes
CÉLIA FERNANDES naceu en Lisboa, en 1972, onde realizou o curso de Design de Equipamento na Facultade de Belas Artes. A ilustración existiu desde sempre na súa vida, uníndoa a partir do ano 2001 aos seus propios deseños. Cun traballo persistente e frutífero sobre todo no ámbito escolar, aínda que non só, ilustra principalmente para a infancia. Gústalle a funcionalidade, o útil, o que un deseño axuda a aprender e a ensinar. E tamén canto serve para dar imaxe ao soño. Gústanlle as cores claras e doces, e a curva do sorriso que provocan cando se xuntan. Neste acuario gustoulle pintar a auga que ondula coa amizade dos peixes, que a imaxinación consolidou.
Descargar ficha: Ficha "O Acuario"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.