O cirrio e o dron

Houbo unha vez un paxaro chamado cirrio e un dron moi curioso.
os dous querían voar polo ceo…
Que pasará cando se atopen?

“UNHA AVENTURA PARA COÑECER A NATUREZA E APRENDER A CONVIVIR”

12,90 

Categoría:

Houbo unha vez un paxaro chamado cirrio e un dron moi curioso.
os dous querían voar polo ceo…
Que pasará cando se atopen?

“UNHA AVENTURA PARA COÑECER A NATUREZA E APRENDER A CONVIVIR”

Autor: José Julio Fernández Rodríguez 

Nacido na Rúa de Valdeorras, José Julio Fernández é un home polifacético. Profesor universitario, formado, ademais de no dereito e a politoloxía, no periodismo e na comunicación audiovisual. Á marxe de numerosas publicacións científicas, é autor de libros de poesía (Lejana transparencia e Feitizo crepuscular), contos de adultos (El asesor e Amarrado) e de guións de produtos audiovisuais. Dirixiu varias curtas nas que desenvolve novas vertentes narrativas. Así mesmo, cultiva outras facetas creativas experimentais no predio da pintura e o debuxo. Agora publica o seu primeiro conto infantil, un xénero que o atraeu nos últimos tempos. En Hércules de Ediciones publicou os contos infantís Astropal. Un cometa con corazón e Clara e o rapto do solpor.

Ilustradora: Laura González González

Laura González González naceu en Salvaterra de Miño, no sur da provincia de Pontevedra. É arquitecta pola ETSA da Universidade da Coruña e desde o ano 2011 reside e traballa na cidade de Basilea, en Suíza. Debuxante incansábel desde que pode lembrar, sempre de xeito espontáneo e autodidacta, a súa paixón levouna a unha profesión na que o debuxo xoga un papel fundamental. Astropal. Un cometa con corazón (Hércules de Ediciones, 2015) foi o seu primeiro traballo de ilustración.

Descargar ficha técnica:

Peso 0,5 kg
Autoría

Ilustrador/a

Laura González González

ISBN

978-84-949176-5-3 (castellano) y 978-84-949176-6-0 (gallego)

Tamaño:

22 x 30 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Ano de publicación

2019

Traductor/a:

Charo Baleirón Sóñora

Páxinas:

32

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio