Infantil
Para un bo desenvolvemento intelectual dos nenos durante a infancia é fundamental conseguir afeccionalos á lectura.
Para iso, a serie Infantil de Titor Hércules propón comezar por libros de xoguete (libros acolchados que se poden introducir na bañeira, mollar, manchar, etc., sen que rompan).
Para continuar coa nosa proposta formativa, suxerimos lerlles en voz alta desde que son moi pequenos: ao principio, nanas e poemas; máis adiante, os contos de sempre para espertar a súa imaxinación e transmitirlles mensaxes positivas. Finalmente, para lograr unha total identificación do neno coa lectura, utilizaremos os textos duns moi novos autores; é dicir, textos escritos por outros nenos de similar idade para que sentan identificados coas historias e se animen a escribir eles mesmos os seus propios contos.