Lino Braxe

Lino Braxe 685x1024 - Lino Braxe

Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén foi actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. 

Tamén foi locutor de RNE durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor. 

Foi autor de varias obras de poesía, narrativa, teatro e de literatura infanto-xuvenil, ademais de participar en numerosas obras colectivas.

Carrito de compra
Scroll al inicio