Historia marítima de Galicia. Volume II

O segundo volumen desta Historia marítima de Galicia comeza cos conflitos napoleónicos, onde a contribución galega na Guerra da Independencia foi decisiva. Sorprendentemente ignórase que neste conflito aproximadamente o 60 % das baixas na batalla de Trafalgar foron galegos.

149,50 

Historia marítima de Galicia. Volume II

O libro segundo comeza cos conflitos napoleónicos, onde a contribución galega na Guerra da Independencia foi decisiva. Sorprendentemente ignórase que neste conflito aproximadamente o 60 % das baixas na batalla de Trafalgar foron galegos. Tamén foron principalmente galegos os protagonistas e as baixas no famoso combate do Callao na incomprensible guerra do Pacífico de 1865, e nos combates marítimos da guerra contra os Estados Unidos de 1898. Pero a sangría das levas para os conflitos marítimos con seguridade tivo efectos negativos na economía galega. Nesta revisión histórica non quixemos esquivar a guerra civil no mar e a tremenda influencia dos galegos nela en ambos os bandos. Galicia sufriu enormes sacrificios de homes neste conflito fratricida onde os galegos combateron con moita coraxe en ambos os bandos. A parte final do segundo libro describe o importantísimo desenvolvemento pesqueiro durante o século XX e de maneira especial na súa segunda metade. A descrición abarca ata o ingreso de España na Comunidade Europea.

IDIOMA DE EDICIÓN: Castelán

Autor: Enrique López Veiga

Este monumental traballo é o resultado de toda unha vida dedicada ao estudo do mar do autor, Enrique López Veiga, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago e licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de África do Sur. A súa actividade profesional estivo sempre vinculada aos asuntos pesqueiros. Entre 1972 e 1978, foi investigador no Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo. En 1987, inicia a súa estancia europea na Dirección Xeral de Pesca da CE, na Dirección de Mercados e Recursos Externos e como xefe de división de Estruturas da Pesca. Despois, abandona Europa para facerse cargo da Consellería de Pesca da Xunta primeiro en 1990 e, de novo, en 2001. En 2012 é elixido senador polo Parlamento de Galicia e en 2015 é nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

VOLUME II

488 pp.
22 x 30 cm
2024
ISBN: 978-84-19754-32-5

Descargar catálogo:

Autoría

Carriño da compra
Scroll ao inicio