Saudade

Saudade quere dar eternidade á luz, esa luz

que asoma flotando na penumbra.

Un proxecto en que pintura e palabra

únense para mostrar nostalxias,

soidades e historias que habitan no tempo.

24,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Saudade. Edición de 500 exemplares numerados e firmados

Saudade quere dar eternidade á luz, esa luz

que asoma flotando na penumbra.

Un proxecto en que pintura e palabra

únense para mostrar nostalxias,

soidades e historias que habitan no tempo.

Autor: Antonio Seijas

Historiador da arte, ilustrador, pintor e autor de cómic. Publicou catro novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do II Certame Castelao (2006) e Premio do Público ao mejor guión no Saló del Cómic de Barcelona (2008), tamén foi adaptada ao formato de radioteatro pola Radio Nacional de Eslovenia; Cartas de Invierno (Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado da Asociación de Editores de Galicia 2012); LA LUZ, nominada a Mellor Obra Nacional en Expocomic (2014), e A Chaira-La Llanura (Premio ao Mellor Cómic na Gala do Libro Galego 2020).

Realiza traballos de ilustración para literatura infantil e xuvenil, revistas, periódicos… para grupos como Marillion, Luar Na Lubre; deseño de identidade corporativa para a Fundación David Lynch e ilustracións para series como La que se avecina. Protagonizou exposicións de pintura e ilustración: Ramsés de Philippe Stark, Madrid; Galeria Sargadelos Ferrol, Sala de Exposicións de San Martiño Pinario en Compostela, etc. Deseñou e comisariou a exposición do XXX Aniversario de Luar Na Lubre, para os que también realizou diversas sesións de fotos oficiais. En 2019 publicou a súa primeira novela xuvenil, O soño da serpe (Galaxia Editorial). En 2021 gañou o XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense coa súa primeira obra neste xénero, Teorías do fin (Aira Editorial, 2022).

Textos de: Natacha G. Mendoza

Atopou en Lanzarote, o seu lugar de residencia, a atmosfera perfecta para a súa inspiración. Autora de dous libros de relatos, o esgotado Los bares del Diablo (Edicións Escondidas, 2019) que pronto terá unha nova edición revisada e aumentada, e Historias Mínimas (Versátiles Editorial, 2021) co que conseguiu ser finalista nos XXVIII Premios Andalucía da Crítica 2022. Colabora en diversas publicacións e medios dixitais nos que os seus relatos gañaron unha sólida base de seguidores, e foi prologuista de varias obras.

Polas súas historias pasean moitas soidades, baleiros, amores incompletos, totais, salvaxes. Mundos interiores tormentosos, desesperanza por realidades insoportables, pero tamén ironía, beleza e poesía, moita poesía, porque a súa personalísima prosa vai acompañada por un gran fondo poético que asolaga cada escrito. Os seus relatos destacan polo uso extraordinariamente medido e preciso da linguaxe, empregado da forma case cirúrxica de quen sabe que menos é máis, e que mostra unha asombrosa capacidade para condensar vidas e mundos enteiros nunhas poucas frases, coas que consegue que os lectores entren a formar parte deles e habitalos desde o primeiro momento. Esa minuciosidade na elección de cada palabra, a intelixencia e sensibilidade da súa escritura permítelle transcender cara a eses territorios literarios máis elevados polos que transita a alta literatura, logrando unha potente e identificable voz propia.

Descargar ficha técnica:

Peso 0,3 kg
Autoría

,

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Tapa dura

Tamaño:

20 x 20 cm

Ano de publicación

2022

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Saudade”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio