Presentación de Conto da Travesía das Musas en Madrid

O recoñecido autor de literatura infantil portugués João Pedro Mésseder e a ilustradora galega Raquel Senra estarán o vindeiro luns, 16 de decembro, na Delegación da Xunta en Madrid / Casa de Galicia, para falar do seu álbum ilustrado Cuento de la Travesía de las Musas / Conto da Travesía das Musas, editado por Hércules de Ediciones. Publicado en castelán e en galego, en ambos os casos a tradución corre a cargo do filólogo e profesor Anxo Tarrío. A obra, dirixida ao público infantil e enmarcada na colección Novas lecturas de Hércules, relata a través dos ollos dun neno a vida nunha rúa estreita dun barrio pobre, que esconde aventuras, desexos de liberdade, diversión e poesía.

Comparte este post

Carrito de compra
Scroll al inicio