E ti de quen es?

Tomar a decisión de editar un libro, nos tempos que corren, non é doado; pero si falamos de dous, a cousa complícase; e si, por riba, fas os dous en galego máis en castelán, xa falamos dun cuádruplo salto mortal. E iso, precisamente, é o que ven de facer Hércules no eido da literatura infantil.

O primeiro deles, A pantufla de Celia, é un libro clásico, tanto de contido, como de forma: a fermosa historia dunha nena que quere mercar só unha pantufla pero que se ve obrigada a levar o par. As preciosas ilustracións de Dani Padrón e a prosa versificada de Concha Blanco son, como as pantuflas da rapaza, un tándem perfecto que farán sorrir a grandes e pequenos.

la pantufla de celia - E ti de quen es?

O segundo dos libros, Cosmo e a estrela perdida, é xusto o contrario, rompedor, esquemático, simple, con cores case planas e aspecto de manual dixital.  Cosmo é un expresivo monicreque, saído do maxín de Marcos Neila, que perde unha estrela e, no seu intento de atopala, aprende unha importante lección.

cosmo y la estrella perdida - E ti de quen es?

•••

Os dous libros son moi fermosos, pero como poucas veces temos ocasión de publicar dous estilos tan diferentes a un tempo, gustaríanos moito que os lectores nos derades a vosa opinión, así que botádelle unha ollada… Aquí vos van dous enlaces para que poidades coñecelos un pouco máis, e opinar.

Sodes de Celia ou de Cosmo?:

http://herculesediciones.com/tiendaonline/es/home/152-la-pantufla-de-celia.html

http://herculesediciones.com/tiendaonline/es/home/151-cosmo-y-la-estrella-perdida.html

 

[polldaddy poll=8627082]

 

 

 

Comparte este post

Carrito de compra
Scroll al inicio