A nai da nai da miña mamá… é miña bisavoa

portada la mamc3a1 de mi mamc3a1 ok gal - A nai da nai da miña mamá... é miña bisavoa

\”A nai da nai da miña mamá\” (\”La mamá de la mamá de mi mamá\” na versión castelán) é o título dun singular conto infantil que amosa dúas visións da vida ben distintas: por unha banda, nárrase o punto de vista dunha meniña que está empezando a súa vida; pola outra, a da súa bisavoa, que está chegando ao remate da súa.

O proceso natural da vida a través de dúas miradas tan distintas e, sen embargo, paralelas e coetáneas. Dous contos cargados de afecto e emocións que nos transmiten unha mensaxe clara: a do respecto polos nosos adultos maiores porque eles son a base da nosa historia, da nosa vida.

As dúas xeracións que hai entre estas dúas mulleres (a nai e maila avoa da nena, que veñen ser a filla e a neta da bisavoa) a penas asoman polas narracións, aínda que elas sexan o eixo vertebrador da relación entre elas. Son a primeira infancia e a cuarta idade as que camiñan da man e reflexionan en alta voz unha sobre sobre o futuro da outra.

Lamentablemente, a vida actual non deixa tempo nin espazo para compartir vivencias de familia máis que de cando en cando, así que sempre se agradece un recordatorio da importancia que ten para os rapaces a convivencia cos ascendentes. A CONVIVENCIA, con maiúsculas.

Este é un fermoso libro para compartir en familia, para disfrutar xuntos, para homenaxear e aprender —e, moi importante, para ensinar— a respectar o pelo branco. Pero, sobre todo, para non esquecer que a nena de hoxe será a bisavoa de mañán.


portada la mamc3a1 de mi mamc3a1 ok cast1 - A nai da nai da miña mamá... é miña bisavoa

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top