O doutor en Historia e experto no Camiño, Antón Pombo, falará na Fundación Rodríguez Iglesias sobre a hospitalidade como signo distintivo nas rutas xacobeas

O xoves 29 de xullo, ás 19h, o doutor en Historia e experto no Camiño de Santiago, Antón Pombo, protagonizará o novo faladoiro da Fundación Rodríguez Iglesias titulado “A hospitalidade como signo distintivo nos camiños xacobeos de peregrinación. A acollida contemporánea nos albergues”. O evento é de libre asistencia ata completar aforo.

 

Esta conferencia enmárcase dentro da exposición “Os tres hospitais do mundo: a hospitalidade na construción do Camiño”, que permanecerá aberta ata o 30 de setembro Está comisariada polo xornalista e fotógrafo galego José M. Salgado e cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo. Nela ofrécese unha perspectiva da historia da hospitalidade e o seu papel clave no Camiño de Santiago dende antes da aparición do sepulcro do apóstolo en Compostela.

·      Día: xoves 29 de xullo

·      Hora: 19.00 horas

·      Lugar: Auditorio de la Fundación Rodríguez Iglesias (C/Cordelería, 32)-A Coruña

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top