Hércules na Feira do Libro da Coruña

Hércules, presente na Feira do Libro da Coruña con caseta propia, conta contos e seis sinaturas das súas novidades

Hércules de Ediciones estará presente un ano máis na Feira do Libro da Coruña, que se celebra en Méndez Núñez desde o 1 de agosto. A editorial contará con caseta propia e organizará seis sinaturas das súas novidades, un conta contos para os máis pequenos e tamén participará nunha mesa redonda sobre a figura de Emilia Pardo Bazán.

Domingo, 1 de agosto

20.30h. Sinatura de Blanca Paula Rodríguez Garabatos, autora de “Emilia Pardo Bazán y la moda”

Martes, 3 de agosto

18.00h. Conta contos e sinatura de Victoria García, autora de “As formiguiñas filandeiras”

Mércores, 4 de agosto

18.30h. Sinatura de Estefanía Padullés, autora de “Leopoldo, o pequeno monstro”

18.30h. Sinatura de Luisa López, autora de “Mi bebé estrella\”

Xoves, 5 de agosto

19h. Blanca Rodríguez Garabatos, autora “Emilia Pardo Bazán y la moda”, e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules, participarán nunha mesa redonda sobre a figura de Emilia Pardo Bazán.

Venres, 6 de agosto

18.30h. Pepe Carballude asina “De como o Santo dos Croques se fai peregrino”

Sábado, 7 de agosto

20.30h. Sinatura de Isabel Fraga Blanco, Frabisa, autora de “Cocinando en casa”

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top