41 782399 manual 1024x681 - Hércules publica ‘Meu avó, rei das pequenas cousas”

Hércules publica ‘Meu avó, rei das pequenas cousas”

Domingo, 19 de febrero de 2017

ALBERTO NOVA | Publicado en El Correo Gallego

Tras o éxito obtido no país vecino, Hércules editora lanza ás librerías de Galicia e o resto de España Meu avo e esas pequenas cousas , orixinal do autor portugués Joao Manuel Ribeiro. A obra foi presentada onte na Biblioteca Afundación de Santiago coa presenza do autor, á súa tradutora, Ánxela Gracián e de Laura Rodríguez, editora.
O libro, dirixido a rapaces a partir de 11 anos, narra a fermosa relación entre un neno e o seu avó, cun canto á sinxeleza e á felicidade: “É un reino de cousas pequenas e de pequenas cousas, pero, onde cabe todo o que é preciso para ser feliz e do que se fai a vida”.
A metáfora anunciada polo título do libro —o avó como “rei”— prolóngase ao longo de todo o relato, salpicado tamén de identificacións como, por exemplo, a casa da eira como “palacio” ou a vella bicicleta como “cabalo alado”. Estas asociacións esténdense tamén ás ilustracións —da autoría de Catarina Pinto—, que dan conta do carácter marabilloso de certos momentos, da forte presenza de elementos naturalistas e da profunda conexión afectiva entre os personaxes.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top
Scroll to Top