Presentación de \”A morte do meu pai\” na Coruña

Hércules de Ediciones presenta o mércores 27 de setembro ás 20:00 horas, na súa sede da Coruña, a obra \”A morte do meu pai\”, de Afonso Eiré. Acompañando o autor estarán o poeta Xulio López Valcárcel e o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodriguez Iglesias.

\”A morte do meu pai\” non é un libro máis no panorama editorial galego e tampouco é un libro máis para o seu autor, Afonso Eiré. É unha obra moi persoal na que o seu autor ispe a súa alma, mostra o seu corazón e, tamén, patentiza os seus sentimentos.

Eiré relátanos o proceso que conduce ao seu pai ata a morte nos oito días que van desde un accidente doméstico —e posterior ingreso no hospital de Monforte— ata o final inexorable. O autor fainos partícipes das súas dúbidas, do seu desacougo, da súa sensación de desamparo e perda.

Sendo conscientes do final que vai atopar, a novela consigue atrapar o lector, que quere saber máis e quere entender… porque esta é unha novela moi persoal, pero na que todos os lectores poderán verse reflectidos.

A historia está chea tamén de anacos de historia e vivencias (a proclamación da República, a Guerra Civil e as relacións humanas) que nos chegan a través das conversas que mantivo o autor co seu pai nesas interminables noites de hospital.

9788494650260 01 x 206x300 - Presentación de \"A morte do meu pai\" na Coruña

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top
Scroll to Top