SúperPiñeiro estrea libro e máis CD!

portada pic3b1eiro - SúperPiñeiro estrea libro e máis CD!

O libro dun dos presentadores máis queridos da Televisión Galega, Xosé Manuel Piñeiro, saíu do prelo hoxe.

Despois de moitas horas de traballo, de correxendas, de escolla de fotos…, á fin temos na man os primeiros exemplares. \”De Piñeiro a SúperPiñeiro\” é unha delicia para a vista e para o oído. Porque Piñeiro cóntanos a súa historia —as súas historias—, e faino compartindo co lector as fotos da infancia e da familia, os recunchos preferidos da súa casa, as viaxes que repite unha e outra vez, e a música, sempre a música.

Ademais de estruturar o libro en capítulos que teñen títulos de cancións, Piñeiro grabou un CD titulado para deleitarnos coa súa voz mentras disfrutamos das fotos e dos escritos.

As primeiras presentacións serán o vindeiro día 24 de novembro en Santiago de Compostela e o 27 na Coruña, pero seguiranlle outras moitas nas principais de Galicia, abertas ó público e nas que se poderá participar e intercambiar opinións e preguntas con él. Así que ¡ide avisando na casa!

Piñeiro estará máis preto que nunca, e cando presente o libro na vosa cidade, vila, aldea…, ¡quedades todos [email protected]! Nos vindeiros días irémosvos informando das datas, os lugares, os horarios… para que o saibades con tempo.

Agardamos que vos guste tanto o libro como a nós.

 

Comparte este post

Shopping Cart
Scroll to Top
Scroll to Top