Hércules de Ediciones na Feira do Libro de Santiago

Hércules, presente na Feira do Libro de Santiago  

Hércules de Ediciones estará presente na Feira do Libro de Santiago, que se celebra na Alameda. A editorial ten sinaturas de libros das súas últimas novidades. 

Sábado, 29 de abril 

Sinatura de exemplares: “A miña cadeliña / Mi perrita Pinta”. Francisco Rodríguez Iglesias e Estefanía Padullés asinarán exemplares deste conto infantil que supón a primeira obra de ficción do editor de Proxecto Galicia e presidente de Hércules: un canto de amor aos animais e a natureza que reflicte a tenra relación entre un avó e a súa neta. 

  • 12.00h Caseta da Libraría Ler

Sinatura de exemplares “Empanadas, bizcochos e ricos dulces”. A popular blogueira gastronómica Isabel Fraga Blanco, más coñecida como Frabisa, asina o seu libro de receitas Empanadas, bizcochos y ricos dulces, que recolle máis de cen elaboracións, desde as máis tradicionais ata as propostas máis innovadoras. 

  • 12.30h Caseta da Libraría Cortizas

Sinatura de exemplares: “Mortiña” Os tradutores Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González asinan exemplares da quinta entrega da exitosa saga da nena zombi creada pola ilustradora italiana Barbara Cantini.

  • 18.00h Caseta da Libraría A Gata Tola 

Sinatura de exemplares: “Estrelas galegas da ciencia” Maite Vence e Manuel Vicente asinan exemplares deste libro ilustrado de ton divulgativo que explica a historia da ciencia feita en Galicia e dos seus persoeiros e achados máis significativos.

  • 18.30h Caseta da Libraría Cortizas

Domingo, 30 de abril 

Sinatura de exemplares: “A saga das curandeiras” A recoñecida bióloga galega Marisa Castro asina a súa primeira novela, na que se achega ao universo das curandeiras a través da vida de Rosalía Carcedo, personaxe ficticio baseado na sabedoría dos antepasados da autora, que pertence a unha longa saga de curandeiros. 

  • 18h Caseta da Libraría Ler

Mércores 3 de maio

Sinatura: “Teoría King Kong”. A tradutora Raquel Senra asina exemplares de Teoría King Kong. Este incisivo ensaio da escritora e cineasta francesa Virginie Despentes está editado en galego dentro da Colección Púrpura, que busca achegar ao galego textos de referencia do feminismo actual.

  • 19h Caseta da Libraría Ler

Venres 5 de maio

Sinatura de exemplares “Paco del Riego. Un home irrepetible” A profesora e investigadora Blanca Ana Roig Rechou asina exemplares do seu libro dedicado a Francisco Fernández del Riego. Orientado ao público escolar, o libro recolle un anaco da historia de Galicia entre 1913 e 2010 seguindo as aventuras literarias, políticas e lúdicas do intelectual que este ano protagoniza as Letras Galegas. 

  • 17.30h Caseta da Libraría Cortizas

Sábado, 6 de maio

Sinatura: “A pantasma colorida / El fantasma colorido”. Rocío Pedreira e Gema García asinarán exemplares deste libro infantil que conta a historia do país das pantasmas, onde todas se esforzan por manter as súas sabas limpas e brancas. Mais unha pequena pantasma moi especial vese tentada a achegarse ás fermosas flores de cores que todas as demais miran dende lonxe con temor. Tras coñecer ao neno Oliver, descobre o valor da amizade e a importancia de perder o medo ao descoñecido. 

  • 19.30h Caseta da Libraría A Gata Tola

Domingo 7 de maio

Sinatura de exemplares “A canción do cambio”. As tradutoras Ivonete da Silva Isidoro e Fe González Fernández asinan exemplares de “A canción do cambio”, o himno ilustrado da poeta e activista estadounidense Amanda Gorman, que conmoveu ao mundo coa súa intervención na investidura de Joe Biden. O libro, ilustrado por Loren Long, foi número 1 en vendas en Estados Unidos e chega por primeira vez ao galgo da man de Hércules.

  • 12h Caseta da Libraría A Gata Tola 

Sinatura de exemplares “Isto é rock”. O periodista Javier Becerra asina este libro ilustrado por Catuxa Alonso que convida á cativada a descubrir a historia das cancións que revolucionaron a historia da música e polo que desfilan artistas como Chuck Berry, The Supremes, Los Ramones, Amy Winehouse, Kiss, Janis Joplin ou Joan Jett.

  • 18h Caseta da Libraría A Gata Tola 

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio