O escritor e xornalista José de Cora presenta este xoves, 18 de maio, ás 18h, na Feira do Libro (carpa de actividades), a súa última novela: El pronunciado escote de Mondoñedo. Memorias algo apócrifas de don Álvaro Cunqueiro. Editada por Hércules de Ediciones, a trama sitúa a Álvaro Cunqueiro no seu Mondoñedo natal, tras sufrir un encontrón coa autoridade política do réxime de Franco. A súa chegada á cidade vai coincidir coa misteriosa morte dunha nova funcionaria destinada alí, e á súa vez cunha aceda polémica sobre os espidos contidos nas pinturas murais que existen na catedral, e que parecen relacionados co homicidio, ata o punto de motivar a intervención de Carmen Polo de Franco. O futuro novelista vese envolvido en ambos os casos e a súa participación é tan decisiva que acorda escribir os sucesos vividos esas semanas como unhas auténticas memorias anticipadas.
El pronunciado escote de Mondoñedo. Memorias algo apócrifas de don Álvaro Cunqueiro (Hércules de Ediciones, 2023) vén a completar a tetraloxía iniciada polo xornalista con Secuestro y fonda de Cela en Contamina(Tris Tram, 2008), Te llamaré muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa do Demo (Edhasa, 2018) e Habla Mario (Edhasa, 2019)
Firmas de libros
Además desta presentación, a editorial realizará varias firmas das súas novidades . Así, o mércores 17 de maio, ás 11.30h, Rocío Pedreira e Gema García asinan exemplares do libro infantil El fantasma colorido / A pantasma colorida, na caseta da librería Agrasar. O sábado 20 de maio, ás 12h, a investigadora Marisa Castro firma a súa novela A saga das curandeiras / La saga de las curanderas, na caseta da librería Trama