Afonso Eiré presenta a súa novela sobre a emigración no Café Cultural Auriense

O escritor e xornalista Afonso Eiré presenta este xoves, 17 de novembro, ás 20h, no Café Cultural Auriense, a súa última novela, Ausentes (Hércules de Ediciones, 2022). O autor estará acompañado por Moncho G. Boán, ex responsable de Internacional na CIG.

No libro, o escritor e xornalista recolle as vivencias dos que, ao longo da nosa historia, marcharon aos distintos países de América, de Europa ou outras comunidades do Estado, pero tamén dos que quedan, xa que “todos sofren de ausencia”. Así, trátase dun o retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas.

Comparte este post

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio