Feminismo terapéutico

Feminismo terapéutico pretende recoñecer a desigualdade e traballar diferentes técnicas para que as mulleres atopen a súa propia voz. Unha viaxe apoderadora e práctica que combina autodescubrimento, creatividade, narrativa e grandes figuras femininas para reflexionar, gozar e transformar a propia vida.

19,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiqueta:

Unha obra motivadora que nos convida a expresar unha versión máis auténtica e libre de nós mesmas. Reflexiona sobre os grandes temas da psicoloxía feminista partindo de tres grandes piares: I) A conexión cunha mesma, II) A desaprendizaxe imprescindible da educación feminina e III) A orientación á acción. Neste contexto, a psicóloga e escritora María Fornet, especializada en asesoramento con perspectiva de xénero, propón unir feminismo e psicoloxía para axudar as mulleres a atopar o seu lugar no mundo. Para a autora, a problemática feminina é especial como consecuencia directa do xustillo ao que están sometidas as mulleres e das expectativas que imprime nelas a socialización. Ningunha intervención psicolóxica, afirma, pode resolvela se non adopta unha mirada de xénero. O feminismo sanda.

Feminismo terapéutico pretende recoñecer a desigualdade e traballar diferentes técnicas para que as mulleres atopen a súa propia voz. Unha viaxe apoderadora e práctica que combina autodescubrimento, creatividade, narrativa e grandes figuras femininas para reflexionar, gozar e transformar a propia vida.

Autora: María Fornet

María Fornet é escritora e psicóloga especializada en Coaching Psychology e en Psicoloxía Narrativa. Ademais, é autora de Abundancia femenina, a continuación natural de Feminismo terapéutico, así como das novelas Las mujeres de la familia Medina e Azul capitana; e a mente creativa detrás do Universo Santaurora, unha saga que explora as intrigas domésticas dende un enfoque de xénero, fusionando o thriller coa perspectiva feminista. Ademais, é conferenciante e imparte charlas sobre apoderamento persoal con perspectiva de xénero e participa en encontros con lectoras dos seus ensaios e novelas. A través do seu programa de psicoeducación El Faro: Guía para trazar un Plan de vida brindou a centos de alumnas a oportunidade de atopar respostas sobre quen son e, dado o caso, sobre quen quererían ser.

Podes atopala en redes como @maria.fornet e subscribirte a www.mariafornet.com para máis contido.

Descargar a ficha técnica de “Feminismo terapéutico”:

RECENSIÓNS

La Voz de Galicia

Peso 0,3 kg
Autoría

Traductor/a:

María Fe González Fernández

ISBN

978-84-19754-34-9

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

248

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Feminismo terapéutico”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio