Mala feminista

Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller —así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres— nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes.

19,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiqueta:

Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente do papel da muller —así como da súa relación cos homes e coas demais mulleres— nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes.

Para ela vivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan e que nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revista Vogue. Mediante exemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto, da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitos sobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita por elas, da misoxinia no mundo do espectáculo etc. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón que aceptemos todos os seus matices.

Autora: Roxane Gay

Os escritos de Roxane Gay aparecen en Best American Mystery Stories 2014, Best American Short Stories 2012, Best Sex Writing 2012, A Public Space, McSweeney’s, Tin House, Oxford American, American Short Fiction, Virginia Quarterly Review e moitos outros. É unha escritora de opinión colaboradora de The New York Times. É autora dos libros Ayiti, An Untamed State, do bestseller Bad Feminist, do éxito de vendas a nivel nacional Difficult Women e do bestseller de The New York Times, Hunger.

Tamén é autora de World of Wakanda para Marvel. Ten varios libros por editar e está a traballar en proxectos de cinema e televisión. Publica o boletín The Audacity.

Descargar ficha:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

Traductor/a:

Fe González Fernández

ISBN

978-84-18966-10-1

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

328

Ano de publicación

2021

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mala feminista”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio