Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se resisten a ser encadradas en esquemas masculinos.
Tras recapacitar verbo das agresións sexistas e de xénero experimentadas persoalmente na rede, Mary sostén que se non se percibe ás mulleres dentro das estruturas de poder, entón o que hai que redefinir é o propio poder.
O libro leva máis de trece edicións noutros tantos países, ademais de varias reimpresións e novas edicións no Reino Unido.
Autora: Mary Beard
Mary Beard é unha das clasicistas máis orixinais e máis coñecidas en activo na actualidade. É catedrática de Clásicas do Newnham College, Cambridge, directora da sección de Clásicos do The Times Literary Supplement (TLS) e membro da Academia Británica e da Academia Americana de Artes e Ciencias.
Entre os seus libros están Pompeii: The Life of a Roman Town (2008) galardoado co Premio Wolfson de Historia, e o seu grande éxito de vendas, SPQR: A History of Ancient Rome (2015).
Entre outras moitas distincións, Beard recibiu o Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2016.
Este libro foi publicado grazas á axuda da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Descargar ficha: Ficha "Mulleres e poder"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.