A madriña

Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.

18,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,

I edición do Premio de Novela Curta “Alén” Concello de Ares

Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.

A escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida.

Ao regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso.

Pasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa.

Estaba escrito nas estrelas —ou só no corazón— que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.

Autora: Nones Araújo

Nones Araújo naceu en Riós (Ourense no ano 1953, viviu en Verín ata os 13 anos e formou en Vigo, co seu compañeiro de vida, a súa familia: dúas fillas e un neto.

Mestra vocacional, xa xubilada, exerceu a profesión en distintas especialidades, adquiridas ao longo da carreira docente: Preescolar, Pedagoxía Terapéutica, Lingua Castelá na Segunda Etapa de E.X.B. e Lingua Galega. Nos últimos quince anos deu clases de secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. En etapas anteriores, no colexio Dr. Fleming, no CEIP Balaídos e no colexio San Francisco, de Educación Especial.

Comezou a escribir e a participar en certames literarios na xubilación. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo, o Certame Literario Exeria, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e tamén recibiu o Pedrón de Ouro.

Ademais de escribir, a arte, tocar a pandeireta, cantar cantigas maliciosas, ler e compartir cos amigos andainas e conversas, enchen felizmente o seu retiro dourado.

Descargar la ficha técnica de “A madriña”:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

ISBN

978-84-19754-14-1

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Páxinas:

120

Ano de publicación

2023

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A madriña”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio