A miña vida nas estradas

A miña vida nas estradas é a historia amena, conmovedora e profunda de como Gloria foi medrando, e con ela tamén creceu o movemento revolucionario pola igualdade, dende a súa primeira experiencia de activismo feminista na India ao seu traballo como xornalista nos anos sesenta; do bulebule das campañas electorais á fundación da revista Ms.

22,90 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiqueta:

Gloria Steinem tivo unha infancia itinerante. Cando era pequena, o seu pai adoitaba meter a toda a familia no coche e conducir, cada outono, ao longo de Estados Unidos en busca de aventuras para gañar a vida. E así se plantou a semente: Steinem deuse conta de que crecer non tiña por que significar estar sempre no mesmo lugar e comezou unha vida dedicada a viaxar, ao activismo e ao liderado, a escoitar as voces de quen inspira o cambio e a revolución.

A miña vida nas estradas é a historia amena, conmovedora e profunda de como Gloria foi medrando, e con ela tamén creceu o movemento revolucionario pola igualdade, dende a súa primeira experiencia de activismo feminista na India ao seu traballo como xornalista nos anos sesenta; do bulebule das campañas electorais á fundación da revista Ms.

Autora: Gloria Steinem

Gloria Steinem é escritora, conferenciante, activista política e feminista. Foi fundadora das revistas New York e Ms. É autora de Moving Beyond Words, Revolution from Within e Outrageous Acts and Everyday Rebellions, publicados en Estados Unidos, e As If Women Matter, na India. No seu país cofundou o Comité Político Nacional de Mulleres, a Fundación Ms., a Fundación Free to Be e o Centro de Mulleres nos Medios de Comunicación. Noutros países, axudou a fundar Equality Now, Donor Direct Action e Direct Impact Africa. Actualmente traballa coa Colección Sophia Smith do Smith College. Recibiu numerosos títulos honoríficos, entre eles o primeiro doutoramento en xustiza humana concedido polo Simmons College, o Bill of Rights Award da American Civil Liberties Union of Southern California, o National Gai Rights Advocates Award e a Medalla Ceres das Nacións Unidas. En 2013, o presidente Obama concedeulle a Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta honra civil. En 2021 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Logos Ministerio y Lectura infinita 300x105 - A miña vida nas estradas

Descargar la ficha técnica de “A miña vida nas estradas”:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

Traductor/a:

Raquel Senra Fernández

ISBN

978-84-18966-66-8

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

344

Ano de publicación

2023

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A miña vida nas estradas”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio