Hixabs e himes

Eltahawy viaxou por Oriente Medio e polo norte de África reuníndose con mulleres e escoitando as súas historias. O seu libro é unha chamada á indignación e á acción para enfrontarse a esa «mestura tóxica de cultura e relixión que poucos se senten inclinados a desenlear». Un manifesto motivado pola esperanza e pola furia en igual medida.

18,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiqueta:

A xornalista Mona Eltahawy non é allea á controversia. A través dos seus artigos e accións, loitou pola autonomía, a seguridade e a dignidade das mulleres musulmás, atraendo seguidores e detractores. No seu primeiro libro, Hixabs e himes, Eltahawy realiza unha condena definitiva das forzas represoras —políticas, culturais e relixiosas— que reducen millóns de mulleres a cidadás de segunda clase.

Recorrendo aos seus anos como activista e comentarista dos problemas das mulleres en Oriente Medio, explica que, dende que comezou a Primavera Árabe en 2010, as mulleres no mundo árabe tiveron que afrontar dúas revolucións: unha loita xunto aos homes contra os réximes opresivos e outra loita contra todo un sistema político e económico que reprime as mulleres en Exipto, Arabia Saudita, Tunisia, Libia, Iemen e outros países. Eltahawy viaxou por Oriente Medio e polo norte de África reuníndose con mulleres e escoitando as súas historias. O seu libro é unha chamada á indignación e á acción para enfrontarse a esa «mestura tóxica de cultura e relixión que poucos se senten inclinados a desenlear». Un manifesto motivado pola esperanza e pola furia en igual medida.

Autora: Mona Eltahawy

Columnista e oradora internacional sobre temas árabes, musulmáns e feminismo, Eltahawy é colaboradora en medios como The New York Times e The Guardian, amais de convidada habitual en varios programas de televisión e radio. Forma parte do Grupo Asesor de Comunicacións de Musawah, o movemento pola xustiza e pola igualdade na familia musulmá. En novembro de 2011, a policía exipcia golpeouna ata romperlle o brazo esquerdo e mais a man dereita e violouna. Newsweek nomeou a Eltahawy como unha das súas «150 mulleres valentes de 2012», Time presentouna como «Persoa do ano» xunto a outras activistas de todo o mundo e a revista Arabian Business designouna unha das cen mulleres árabes máis influentes. Antes de mudarse a Estados Unidos, en 2000, Eltahawy foi correspondente de Reuters en Oriente Medio durante seis anos e traballou para medios de Exipto, Israel, Palestina, Libia, Siria, Arabia Saudita e China. Foi distinguida con numerosos premios e recoñecementos, como a Medalla de Honra da Escola de Xornalismo de Missouri, o Premio Especial de Contribución Destacada ao Xornalismo da Fundación Anna Lindh, o Premio Anvil of Freedom do Centro Internacional Estlow de Xornalismo e Novos Medios, o Premio Samir Kassir de Liberdade de Prensa da Unión Europea ou o Premio Eliav-Sartawi para o Xornalismo de Oriente Medio, outorgado pola organización Search for Common Ground.

Descargar a ficha técnica de “Hixabs e himes”:

RECENSIÓNS

Nós Diario

Peso 0,3 kg
Autoría

Traductor/a:

María Fe González Fernández

ISBN

978-84-19754-20-2

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

200

Ano de publicación

2023

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Hixabs e himes”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio