A saga das curandeiras

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

21,00 

Categoría:

A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

Autora: Marisa Castro Cerceda

Marisa Castro Cerceda (Lugo, 1955), pertencente a unha saga de curandeiros, ata os 25 anos foi labradora como os seus pais. Tivo a sorte de pasar pola universidade e deixou que esta pasase por ela. É micóloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas, cun traballo relacionado cos cogomelos, e durante máis de 30 anos foi profesora na Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu case unha decena de teses de doutoramento.

É socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae, con membros do seu equipo de investigación.

A súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, a de divulgadora científica.

Marisa é ecoloxista, amante da natureza e defensora da liberdade feminina, especialmente na figura da muller rural galega.

É autora de algo máis dunha centena de traballos de investigación e de máis de 25 libros de divulgación científica relacionados con cogomelos, con plantas e con árbores. Esta é a súa primeira novela.

ISBN: 978-84-18966-70-5 (castellán) y 978-84-18966-71-2 (galego)

Descargar ficha técnica:

Peso 0,3 kg
Autoría

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

17 x 22 cm

Ano de publicación

2022

Idade recomendada:

adultos

Páxinas:

176

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A saga das curandeiras”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio