Alonso Montero: “A primeira homenaxe a Machado en España foi en Vigo en 1946”

Martes, 03 de mayo de 2022

Ana Rodríguez | Publicado en Faro de Vigo

“Vigo ten a primacía de ser posiblemente a primeira cidade de España que acolleu un acto en homenaxe a Antonio Machado”, un escritor e poeta considerado “roxo” pola ditadura franquista. Así o asegurou onte no club FARO Xesús Alonso Montero que explicou que un dos capítulos ao que lle ten máis agarimo do seu libro “El hombre y la obra de Antonio Machado dentro de las coordenadas del franquismo” (editado por Hércules e escrito durante a pandemia) é o adicado á conferencia inaugural do curso 1946-1947 no Instituto Santa Irene cando Consúaelo Burel, profesora de literatura de Alonso Montero, alabou a figura do escritor do que fora compañeira de cátedra no instituto Calderón de la Barca diante das autoridades civís, militares e eclesiásticas, que o consideraban a “anti España”.

Lamentablemente dese discurso laudatorio non se atoparon aínda copias, pero si crónicas publicadas en FARO DE VIGO e na revista “La noche”. “Supoño que a acollida á esa lección inaugural foi hostil” por parte dos presentes, asegurou Alonso Montero, quen non asistiu a ese acto pese a que ese ano comezou o primeiro dos dous últimos cursos de bacharelato nese instituto vigués. “A figura de Burel é intrigante; non sei se era republicana -tiña un irmán no exilio-. A ver si nos reunimos algún dos seus exalumnos porque hai cousas que non casan”, dixo.

Alonso Montero contou con dous presentadores na conferencia coloquio de onte. Fráncico Rodríguez Iglesias, presidente da editorial Hércules e alumno seu cando foi profesor de literatura nun instituto de Lugo, confesou que Alonso Montero ensinoulle a amar a Rosalía de Castro e ao libros, “por iso son editor”, explicou. O segundo introdutor da conferencia, o catedrático de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela José Manuel González Herrán, “además de colega, e discípulo” do expresidente da Real Academia Galega, tal e como se definiu, fixo un percorrido polo derradeiro libro de Alonso Montero, ao que se referiu como “uno de nuestros machadistas más destacables”. “El libro puede ser leído como unas maorís machadianas para alguien para el que Machado es alimento espiritual”, dixo o catedrático, que se detivo nalgúns capítulos adicados ao rescate de Machado durante a ditadura, a súa relación con Enrique Líster, ao que lle adicou un soneto cuxos dous últimos versos “foron os máis execrados pola dereita española” según Alonso Montero, e polas homenaxes -falidas ou non que se lle fixeron ao escritor dende 1946 a 1975, moitas promovidas polo partido comunista.

“A prosa e poesía prebélica non alporizaba ao franquismo, hai critica social ponderada admitida polas dereitas\”

Na súa intervención, Alonso Montero deixou patente o seu maxistral talento como orador. Comezou aclarando que o seu ensaio non se trata dun estudo da técnica literaria de Machado, -“diso a bibliografía é oceánica”-, senón dunha obriga persoal de relatar como foi a recepción da súa obra na época de Franco.

“A partir de 1939 -morre en febreiro dese ano-, vai a ser moi lido, comentado, homenaxeado pero tamén non autorizado ou semiautorizado ata 1975”, relatou ao tempo que explicou que os textos que eu podio ler sendo estudante na ditadura foron os anteriores ao 36, xa que os posteriores á sublevación foron escritos no bando republicano e “as autoridades sabían del que era alguén que puxo o seu talento, servizo e pluma á causa republicana”. “A prosa e poesía prebélica non alporizaba ao franquismo, hai critica social ponderada admitida polas dereitas”. Nese contexto, e “vendo que os exiliados en México toman a Machado como a bandeira da liberdade e xustiza social, un grupo de falanxistas liberais- unha contradictio in terminis- pensan que ‘chegou a hora de que non nos secuestren a Machado’ e deciden rescatalo reeditando a su ‘obra completa’”. Tras unha discusión no consello de ministros franquista entre o xeral Vigón, ministro do Aire contrario á reedición, e Serrano Suñer, cuñado de Franco e amigo de Dionisio Ridruejo, Espasa Calpe publica no 1941 esas “poesías completas”. “O prologuista, Ridruejo escribe “Poeta rescatado”, onde conta cousas moi maniqueas e mentireiras das que logo se arrepentiu, pero fai de avalista para que os falanxistas non se sentiran molestos. Grazas a el, puiden ler a Machado en bacharelato, senón pasaría lustros en reeditar a súa obra”.

“Era un gran ‘fatriota’ que vivía na irmandade”

“Escribín este libro na pandemia porque Machado dende hai moitos anos é compañeiro meu no sentido etimolóxico da palabra –compañeiro é aquel que nos dá do seu pan ou permite que comamos na súa man–”, explica Alonso Montero, que compara a súa relaión co poeta cunha especie de historiade amor. O libro adicado a Machado ten tamén algo de biográfico, xa que Alonso Montero foi protagonista ou tivo un papel relevante en moitas das homenaxes que se lle fixeron ao poeta durante a dictadura. “Eu, que teño sona de comunista -non sei si o son-, cheguei ao marxismo por dous textos dun non marxista que se chama Machado: “ Discurso de las juventudes socialistas unificadas” e “Lo que yo recuerdo de Pablo Iglesias”, dous escritos do 37 que non se publicaban en España e que eu lín por primeira vez xa sendo catedrático de literatura da escola de maxisterio de Santiago e despois de comprar o libro de tapadillo na librería Hernández no ano 1957. Alonso Montero, que na súa etapa de profesor nun insttuto de Lugo deu clases a moitos machadianos comentando libros de Machado a partir de cancións de Serrat, rematou a súa ponencia dicindo: “Non sei se foi o mellor poeta ou o prosista máis gande; sei que era un gran fatriota, un individo que vivía na fatria, na irmandade.

Comparte este post

Carriño da compra
Scroll ao inicio