A escritora e ilustradora Estefanía Padullés presenta este sábado na librería Troa Avir da Coruña o seu último álbum ilustrado, Que mal día, Gato Klops! cun contacontos e in obradoiro de ilustración.
Trátase da segunda entrega da saga protagonizada por este simpático felino, tras o exitoso O desexo do Gato Klops.
Que mal día, Gato Klops! é o sexto título publicado por Hércules da autora de orixe catalá afincada en Paradela (Lugo) e está editado en castelán, galego e catalán.
Lugar: Librería Troa Avir. Avenida de Finisterre, 15, A Coruña
Data: Sábado, 12 de marzo
Hora: 12.30 h