Anne, a de Tellas Verdes

Matthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pencada de once anos chamada Anne Shirley é enviada cos irmáns. Mentres que Matthew acolle instantaneamente a Anne, Marilla non está segura de quedar con ela. Con todo, a alegre e sumamente imaxinativa Anne transforma gradualmente a triste vida do tímido Matthew e a melindrosa Marilla, que chegan a vela como unha filla.

A novela, publicada en 1908 con grande éxito, está inspirada nunha historia dun xornal, que a autora nutriu coas súas propias experiencias da nenez, a vida rural e as tradicións da Illa do Príncipe Eduardo.

Esta historia sentimental pero encantadora sobre o paso á madurez dunha nena orfa pouco convencional converteuse nun clásico da Literatura Xuvenil e adaptouse para cinema, teatro e televisión.

15,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Autora: Lucy Maud Montgomery 

A escritora naceu en 1874 na Illa do Príncipe Eduardo (Canadá) e estudou Literatura en Nova Escocia. Traballou como mestra en varias escolas, escribiu en xornais e, finalmente, converteuse en escritora, principalmente de novelas (ten sobre vinte obras publicadas), así como coleccións de historias curtas, poesía e mesmo un ensaio sobre as contribucións de varias mulleres asociadas a diferentes campos profesionais. Entre as súas novelas destaca a produción seriada; así, ademais de Anne of Green Gables, atopamos Emily trilogy, Pat of Silver Bush ou The Story Girl. É unha das iconas literarias máis relevantes e lonxevas de Canadá e un referente da LIX internacional.

Tradución ao galego de Raquel Senra.

Descargar ficha técnica:

Peso 0,5 kg

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Anne, a de Tellas Verdes”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio