Antes del lunes

Antes del lunes é un libro singular feito de papeis e achados: breves artigos que rozan o relato, escritos pola autora sempre en domingo para ser lidos en luns. Textos dispersos que, ao reunirse, revelan un poderoso fío condutor: a literatura. Papeis que son tamén unha invitación á reflexión desde a esencia do auténtico, desde aquilo que dá sentido último a todo: a vida.

19,50 €

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Poño o meu corazón sobre estes días. Un corazón beat, castigado. Quero escribirche unha carta, en limpo, como o silencio dunha mañá temperá. Que me perdoes quero. Se hai ausencias, non quero o medo, dásme a dignidade dos finais? Vai frío, tráeme a voz dos que amo pola casa. Poño o meu corazón sobre estes días. Un corazón azul, acoirazado. Quero o íncipit, que a historia comece, o meu corazón vestido de todos os libros que habito. Déixame aí, de súpeto saben de todas as nostalxias. Quero escribir, un poema, por exemplo. Que siga todo igual, coa túa risa no fondo.
Antes del lunes
é un libro singular feito de papeis e achados: breves artigos que rozan o relato, escritos pola autora sempre en domingo para ser lidos en luns. Textos dispersos que, ao reunirse, revelan un poderoso fío condutor: a literatura. Papeis que son tamén unha invitación á reflexión desde a esencia do auténtico, desde aquilo que dá sentido último a todo: a vida.

Autora: Silvia Salgado

Silvia Salgado naceu en Barcelona en 1974. Licenciada en Ciencias Políticas pola UAB, ten un posgrao en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. É autora das novelas Mientras hilan las mariposas (2016), La aldea (2017), El intermedio que somos (2019), Si te vuelves invierno (2021) e, en Hércules de Ediciones, Verde en el tejado (2023).

É directora de programación cultural do podcast literario coruñés Érase una red. Coordina e dirixe os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros, imparte talleres de escritura creativa e colabora de forma regular con distintos medios. Reside coa súa familia na bela localidade de Mera, onde é fácil vela pasear pola praia co Sr. Wilson, un westy branco como o algodón, e o pequeno Ron, o seu labrador negro. É unha flâneur, unha amante amateur da fotografía. Unha declarada activista da lectura.

Descargar a ficha de Antes del lunes

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN
Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación
Edad recomendada:

adultos

Páxinas:

184

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Antes del lunes”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra