Entre incienso y recuerdos

Entre o amor e a perda, entre a vida e o recordo, Entre incenso e recordos é unha historia de primeiras veces, as máis ilusionantes que se poden vivir e as máis desgarradoras. É unha historia sobre a memoria que persiste mesmo cando o tempo parece borralo todo.

21,00 €

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Entre o amor e a perda, entre a vida e o recordo, Entre incenso e recordos é unha historia de primeiras veces, as máis ilusionantes que se poden vivir e as máis desgarradoras. É unha historia sobre a memoria que persiste mesmo cando o tempo parece borralo todo.

Alicia e Mario coñecéronse nunha idade na que os soños aparecen e medran sen medo. Entre viaxes, praias e madrugadas, construíron unha linguaxe propia habitada de cancións, cartas, silencios e conversas profundas. Anos despois, cando a vida os separa, ambos seguen habitándose a través de palabras non verbalizadas e xestos efémeros que a distancia non consegue facer desaparecer. Pero o inesperado desenlace que o destino garda obrigará a Alicia a enfrontarse a unha verdade esencial: que o amor, mesmo roto, pode ser unha forma de permanecer.

Non se trata dunha historia de amor, senón dunha exploración do que queda do amor cando xa non hai corpo, só memoria.

Entre incenso e recordos é iso: unha verdade espida, escrita cunha delicadeza que non se ensina, séntese.

Autora: Alba Formoso Ramos

Alba Formoso Ramos (Ourense, 1988) escribe dende que lembra, escribe para comprender. Dende nena atopou na palabra un lugar de refuxio, reflexión e creación. O seu vínculo coa comunicación atravesa diferentes formas: o corpo que baila, a voz que fala e as palabras que escriben o que ás veces non se expresa en voz alta. Dirixe dende hai once anos TALKK, unha Escola de Comunicación, Oratoria e Debate. É nai de Teo e Celia, e Entre incenso e recordos é a súa primeira novela. Un relato íntimo e reflexivo sobre o amor, a memoria e as aprendizaxes que vai deixando na alma o vivido.

Descargar a ficha de Entre incenso e recuerdos

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN

979-13-87987-18-3

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2026

Edad recomendada:

Xove adulto, adultos

Páxinas:

176

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Entre incienso y recuerdos”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra