Verde en el tejado

Verde en el tejado non é unha novela romántica, pero conta unha historia de amor. Narra o momento vital de Olivia Lobo, que está no que Dante chamou no medio da vida, cando xa non alcanzas a ver o seu inicio, pero tampouco albiscas o final: cando podes permitirte facer calquera cousa. Olivia ten corenta e poucos anos, unha filla que voa soa, un matrimonio en salvavidas, e traballa no despacho de avogados familiar, pero quere abrir un atelier de flores coa herdanza que lle deixou  a súa nai, unha muller que se foi a morrer con ela, sen tentar a vida xamais.

21,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Olivia será capaz de enfrontarse ao seu futuro, entendendo o seu pasado —un pasado familiar difícil— grazas á peculiar relación que establece con outra muller, Virginia, unha acuarelista que pinta flores e vive na cidade de Verona.

Verde en el tejado é unha historia de amizade, emoción e superación. Un relato onde a empatía, a bondade, o perdón e o amor en todas as súas vertentes son unha especie de activismo. Un texto cheo de flores e libros, tan sinxelo como sutil e belo. Inesquecible.

Con todo, máis aló da ficción, cando termina esta novela empeza outra historia: unha verídica. Alí onde se mostran as cartas que inspiraron o relato, cartas que a autora intercambiou coa artista e ilustradora Sarai Llamas. «Porque outras cousas sucederon mentres se escribía esta novela, só había que alzar a vista, ver a herba nos tellados. Inventar unha dor e un amor, para aliviar outra dor e outro amor».

Autora: Silvia Salgado

Silvia Salgado naceu en Barcelona en 1974. Licenciada en Ciencias Políticas pola UAB, ten un posgrao en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. É autora das novelas Mientras hilan las mariposas (2016), La aldea (2017), El intermedio que somos (2019) e Si te vuelves invierno (2021).

Colabora como columnista en El Ideal Gallego. É profesora de talleres de escritura creativa. Fomenta, coordina e dirixe varios clubs de lectura. Na actualidade, reside coa súa familia na bela localidade de Mera. Declárase para sempre unha amante amateur da fotografía.

Descargar a ficha de “Verde en el tejado”:

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN

978-84-19754-21-9

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2023

Idade recomendada:

adultos

Páxinas:

168

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Verde en el tejado”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio