Brianda de Moás

Cunha mestura entre o real e o imaxinario, a crónica e a anécdota, o verosímil e o realista, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe acaba de compoñer un fresco histórico e medieval, unha obra con enorme capacidade expresiva, con talento, cor e ritmo, Brianda de Moás, unha insólita mostra de literatura na que xeografía e historia, topónimos e nomes propios de fai máis dun milenio entrecrúzanse na suposta memoria dun particular cronista

17,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Cunha mestura entre o real e o imaxinario, a crónica e a anécdota, o verosímil e o realista, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe acaba de compoñer un fresco histórico e medieval, unha obra con enorme capacidade expresiva, con talento, cor e ritmo, Brianda de Moás, unha insólita mostra de literatura na que xeografía e historia, topónimos e nomes propios de fai máis dun milenio entrecrúzanse na suposta memoria dun particular cronista.

Na novela, xunto coa xeografía real –esa que nos permite andar polos territorios de Taboada, Chantada, Portomarín e Carballedo, achegarnos a Ourense, a Lugo, Fonsagrada ou ao Samos da época–, atopamos tamén unha topografía sentimental, porque así é a que nos leva ás terras condais de Brianda de Moás, coprotagonista da historia; ao monte Faro, xa lugar de romarías fai máis dun milenio, ou ao val do Mao, lugar de batallas totalmente esquecidas, entre outros escenarios.

Ao ler esta novela atopámonos inevitablemente co ser de Galicia, coa cultura de Galicia, cos prados e os bosques de Galicia, cos nosos sentimentos, os nosos ríos, as nosas fontes e os montes que conforman e dan alento á nosa orografía.

Autor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (Taboada, 1936) é avogado e estivo durante case corenta anos na primeira liña política de Galicia.

Foi conselleiro sen carteira con José Quiroga Suárez durante o período preautonómico de Galicia, foi un dos redactores do borrador do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1981; deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular e, despois, polo Partido Popular (1981-1997).

Foi conselleiro de Educación no goberno da Xunta de Galicia presidido por Gerardo Fernández Albor (1983-1986), período no que se foron asumindo as competencias estatais en materia de educación. Cando o entón vicepresidente da Xunta, Xosé Luís Barreiro Rivas, presentou a súa dimisión, e prosperou a moción de censura ao goberno de Fernández Albor, sendo nomeado presidente da Xunta o socialista, Fernando González Laxe co apoio do Partido Socialista de Galicia (PSdG-PSOE), Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego, Vázquez Portomeñe converteuse en portavoz dos conservadores no Parlamento galego e asumiu a oposición ao goberno tripartito.

Cos gobernos de Manuel Fraga, foi conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do goberno (1990-1993). Durante o seu mandato púxose en marcha o primeiro programa elaborado pola Xunta de Galicia para a celebración e difusión do Ano Santo Xacobeo (1993). Finalmente foi conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios (1993-1997) e, desde 1996, senador durante tres mandatos.

En 2010 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia polo seu traballo en prol do Ano Santo Xacobeo.

Peso 0,5 kg
Autoría

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castellano

Páginas:
Año de publicación:

2020

HERCULES DE EDICIONES SL realiza envíos en PENINSULA, BALEARES, CEUTA, MELILLA, CANARIAS y RESTO DEL MUNDO cobrando una cantidad de Euros en concepto de gastos de envío.

Los gastos de envío y/o gestión se calculan automáticamente en tiempo real y serán mostrados al cliente antes de finalizar la compra. Este cálculo se realiza en base a las siguientes variables:

  • Lugar de destino: El destino del envío influye en el precio según las tarifas que nos marcan los operadores logísticos con los que trabajamos.
  • Peso del envío.
  • Excepciones: Para el caso de envíos a la Península Ibérica, tanto a España como a Portugal, el envío será gratuito para pedidos superiores a 30 euros. Los costes de envío a Canarias, Ceuta, Melilla y zonas no pertenecientes a la Unión Aduanera Europea no incluyen los costes (aranceles) de importación, que serán pagados en metálico en destino por el receptor de la mercancía.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Brianda de Moás”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio
Scroll to Top