Bufiño & Brunilda. O diario perdido

Que segredos poderá desvelar o diario perdido dunha bruxa devanceira?

Por culpa do traveso xene Viravolta herdado da tátara-tátara-tátara-tataravoa Romilda, todas as noites Bufiño, o gato case que todo el negro, e Brunilda, a bruxiña de mesto pelo vermello, cambiaban entre eles a aparencia: Bufiño transfórmase nun neno divertido e Brunilda nunha gatiña falangueira. Para poñerlle remate a este feitizo deben descubrir onde está agochado o diario secreto de Romilda, no que están recollidos todos os saberes máxicos. Entre mapas enmeigados, anteollos fantásticos e espíritos un pouco aterradores, Bufiño e Brunilda atoparán moito máis ca un libro.

13,90 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

DESPOIS DO ÉXITO INTERNACIONAL DA SERIE MORTIÑA E BUFIÑO E BRUNILDA, UNHA MIGALLA DE MAXIA,

UNHA NOVA AVENTURA MÁXICA MÓSTRANOS COMO A VERDADEIRA FORZA SE ATOPA PRECISAMENTE

NA DIVERSIDADE

Autora: Barbara Cantini

Barbara Cantini naceu en Florencia no 1977. Despois de licenciarse, graduouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso «Ilustrador do ano». Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración, e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co home, coas dúas fillas, con catro gatose cun hámster moi valente… xa zombi. Ideou, escribiu e deseñou Mortiña, a serie de éxito internacional, publicada en máis de trinta países, ao que seguiu Mortiña. Un curmán repugnante, Mortiña. O amigo pantasma, Mortiña e as vacacións no lago Misterio, Xoga e crea con Mortiña. Unha noite espantosamente divertida, Mortiña unha sorpresa marabillosa e O libro secreto de Mortiña.

Descarga la ficha de “Bufiño & Brunilda: O diario perdido” 

Peso 0,3 kg
Autoría

Idioma:

Galego

Traductor/a:

Rosa Marta Gómez Pato y Manuel González González

Encadernación:

Tapa dura

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

64

Ano de publicación

2025

Idade recomendada:

8-11 anos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bufiño & Brunilda. O diario perdido”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio