Bufiño y Brunilda. Un chisco de maxia

Bufiño é un gato da rúa case todo negro, que busca alguén con quen estar. Brunilda é unha nena cunhas mestas guedellas roxas, que vive nunha casa extravagante con mil cuartos. Durante o día axuda nunha floraría, e de noite transfórmase nunha aspirante a bruxa. Para facer o seu primeiro voo e converterse nunha bruxa como é debido só lle falta unha cousa: un gato negro! Achégase o gran día, e do gato non hai nin rastro… Cando velaquí que pola porta da tenda asoma o pequeno vagabundo. E, aínda que Bufiño ten a punta do rabo branca, Brunilda sabe que era mesmamente a el a quen estaba esperando.

12,90 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

Bufiño & Brunilda. Un chisco de maxia

Bufiño é un gato da rúa case todo negro, que busca alguén con quen estar. Brunilda é unha nena cunhas mestas guedellas roxas, que vive nunha casa extravagante con mil cuartos. Durante o día axuda nunha floraría, e de noite transfórmase nunha aspirante a bruxa. Para facer o seu primeiro voo e converterse nunha bruxa como é debido só lle falta unha cousa: un gato negro! Achégase o gran día, e do gato non hai nin rastro… Cando velaquí que pola porta da tenda asoma o pequeno vagabundo. E, aínda que Bufiño ten a punta do rabo branca, Brunilda sabe que era mesmamente a el a quen estaba esperando.

DESPOIS DO ÉXITO INTERNACIONAL DA SERIE MORTIÑA, PUBLICADA EN MÁIS DE TRINTA PAÍSES, CHEGA UNHA NOVA E DIVERTIDA HISTORIA CON DOUS PROTAGONISTAS ENTRAÑABLES E INESQUECIBLES, QUE NOS LEMBRA QUE A MAXIA MÁIS PODEROSA É A DA AMIZADE.

Autora: Barbara Cantini

Barbara Cantini naceu en Florencia no 1977. Despois de licenciarse, graduouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso «Ilustrador do ano». Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración, e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co home, coas dúas fillas, con catro gatose cun hámster moi valente… xa zombi. Ideou, escribiu e deseñou Mortiña, a serie de éxito internacional, publicada en máis de trinta países, ao que seguiu Mortiña. Un curmán repugnante, Mortiña. O amigo pantasma, Mortiña e as vacacións no lago Misterio, Xoga e crea con Mortiña. Unha noite espantosamente divertida e Mortiña unha sorpresa marabillosa.

Descarga a ficha de “Bufiño & Brunilda. Un chisco de maxia”:

Peso 0,3 kg
Autoría

Idioma:

Galego

Traductor/a:

Rosa Marta Gómez Pato y Manuel González González

Encadernación:

Tapa dura

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

64

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

8-11 anos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bufiño y Brunilda. Un chisco de maxia”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio