Noites confinadas

Noites confinadas mestura fotografía, pintura e poesía. É un canto á natureza, un recordatorio do valioso do noso planeta, da súa enorme fraxilidade, pero tamén da súa formidable forza e da súa capacidade de rexeneración. É un chamamento á responsabilidade e á conciencia colectiva e individual da cidadanía en relación ao medioambiente; unha invitación á reflexión crítica sobre a sociedade actual e o seu enorme poder destrutivo. É unha apelación a que un mundo máis sostible é posible.

19,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

Noites confinadas

Noites confinadas mestura fotografía, pintura e poesía. É un canto á natureza, un recordatorio do valioso do noso planeta, da súa enorme fraxilidade, pero tamén da súa formidable forza e da súa capacidade de rexeneración. É un chamamento á responsabilidade e á conciencia colectiva e individual da cidadanía en relación ao medioambiente; unha invitación á reflexión crítica sobre a sociedade actual e o seu enorme poder destrutivo. É unha apelación a que un mundo máis sostible é posible.

O libro leva un código QR no que se pode descargar unha guía de mediación artística para docentes e familias.

Autores:

Chema Mesía

Profesor Titular de Artes Visuais e Educación e director do grupo de investigación Arte-Facto na Universidade da Coruña. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Granada. O seu traballo artístico é multidisciplinar, movéndose entre o comisariado, a ilustración, o deseño gráfico e a fotografía contemporánea.

Ilduara Penas

Mestra de Educación Infantil, Técnico Superior en Educación Infantil e Diplomada en Educación Social. Vinculada ao ámbito educativo dende os inicios da súa carreira, exerce como docente no primeiro ciclo da educación infantil.

David Catá

Artista contemporáneo, compaxinou os seus estudos de música co Grao en Belas Artes (2010) pola Universidade de Vigo. Continuou os seus estudosartísticos en Madrid cursando o máster “Concepto y Creación” no Centro Internacional de Fotografía e Cine, en EFTI (2011), obtendo o premio fin de estudos. Traballa a fotografía, a videocreación, a pintura e a música e o seu traballo ten recoñecemento nacional e internacional.

Descarga a ficha de “Notes confinadas”:

Peso 0,3 kg
Autoría

, ,

Idioma:

Galego

Encadernación:

Tapa dura

Tamaño:

24 x 17 cm

Páxinas:

44

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

5-8 anos, 8-11 anos, 11-16 anos, adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Noites confinadas”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio