Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza

Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)… E máis dúas verbas-hoxe-tabú: “raza” e “alma”. Talvez, voltas ao veo dun mesmo rodicio arredor de si, talvez. A identidade. Mais tamén temas-teimas recorrentes dunha enxurrada de artigos, ensaios, estudos, teses que se amorean nas librarías e bibliotecas do noso tempo á procura de respostas aos complexos interrogantes que eses lemas / dilemas suscitan. Verbas-chave de conceptos-charneira que, se acaso non se formularon por primeira vez no Boletín Nós, si que nel foi onde se expuxeron con maior brillo e nitidez na historia da Cultura galega moderna.

45,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,

Camilo F. Valdehorras

Estudou Filoloxía Hispánica e Dereito na Universidade de Santiago (1976-1980). É licenciado en Filoloxías galaicoportuguesa pola Universitat de Barcelona (1985), Diplomado Superior en Lingua e Cultura Portuguesas pola Universidade de Lisboa (1988) e Doutor en Filoloxía Románica pola Universitat de Barcelona coa tese titulada Magnum Theatrum Gallaeciae ou O Grande Teatro do Mundo galego de Ramón Otero Pedrayo. Poética, dramaturxia e hermenéutica sobre a literatura de ficción do autor (2987 páxinas, calificada con Excelente cum laude por unanimidade, inédita, ano 2000).

Dende 1986 ata a actualidade traballa como profesor-investigador de Filoloxías galega e portuguesa na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona, na que é membro do Departament de Llengues i Literatures Modernes i d’Estudis Anglesos e do seu Claustre de Doctors. E dende 2005 é investigador do “Grup de Recerca Consolidat LAIREM” (Literatura, Art i Representació en la Edat Mitjana) da Generalitat de Catalunya.

Nas súas funcións como filólogo profesional especializouse como lexicógrafo, enciclopedista cultural e investigador literario.

Descargar ficha:

CREDITOS NOS 300x201 - Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza

Peso 1 kg
Dimensións 24 × 17 × 5 cm
Autoría

ISBN

978-84-122906-2-2

Tamaño:

17 x 24 cm

Páxinas:

440

Encadernación:

Tapa dura

Ano de publicación

2020

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio