Non todas as ausencias
crean baleiros,
as que si o fan
son tan importantes
que tamén deixan recordos nos que atopamos aloumiños.
Autor: Marcos Viso
“Metéuseme a auga dun sábado nos ósos. Púxenme a debuxar por quentarme. Deixei o meu corpo navegar nun charco de domingo. Espertei un luns no azul dun silencio antigo”.
Marcos Viso é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Deseño Antón Faílde. Ten máis de dez libros publicados, ben como autor dos textos e das ilustracións, ou como ilustrador. Da conta do seu traballo en www.marcosviso.com
Descargar ficha: Ficha "O meu baleiro"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.