O Mundo en que Vivín

O RELATO DA FASCINANTE VIDA DUNHA NENA XUDÍA EN ALEMAÑA ATA A CHEGADA DOS NAZIS

«Unha novela de características únicas na literatura portuguesa e emocionalmente certeira».

Óscar Lopes

15,00 

Categoría:

O Mundo en que Vivín

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña –cara ao final da Primeira Guerra Mundial– ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) […] e a un desenlace sorprendente.

Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar“xusto enriba de nós”.

Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simultaneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai, tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mozo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións).

A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi singular e moi típico, que ben nos podería suceder.

Autora: Ilse Losa

Ilse Losa naceu en Alemaña en 1913. A súa condición de xudía causoulle problemas no seu país, de onde a forzaron a saír. En Inglaterra tivo os seus primeiros contactos con escolas infantís e cos problemas da infancia. En 1934 refuxiouse en Portugal, onde casou, adquirindo así a nacio- nalidade portuguesa.

A súa valiosísima obra incluíu novelas, contos, crónicas, traballos pedagóxicos e Literatura Infantil. Colaborou en revistas e xornais alemáns e portugueses, está representada en varias antoloxías de autores portugueses e ela mesma participou na organización e tradución de antoloxías de obras portuguesas que se publicaron en Alemaña. Traduciu do alemán varios dos seus máis consagrados autores e o célebre Diario de Ana Frank.

En 1984 recibiu o Gran Premio Gulbenkian, polo conxunto da súa obra de Literatura Infantil. En 1990 foron publicadas en Alemaña as súas novelas O Mundo em que Vivi (1949) e Sob Céus Estranhos (1962) e o seu libro de contos Caminhos sem Destino (1991). Outras obras de Losa son Histórias Quase Esquecidas (1950), Rio sem Ponte (1952), Aquí Havia uma Casa e A Flor Azul e Outras Histórias (ambos de 1955), O príncipe Nabo (1962), Na Quinta das Cerejeiras (1981) e Silka (1984).

Está considerada como unha das escritoras máis importantes da Literatura Infantil e Xuvenil portuguesa. Faleceu no Porto en 2006.

Tradución ao galego de Anxo Tarrío

Tradución ao castelán de Ana Cristina Vasconcelos de Macedo

Descargar ficha técnica:

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN
Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2019

Páxinas:

256

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O Mundo en que Vivín”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio