
Presentación de “A Casa Grande” en Santiago
- En 22/02/2018
Hércules de Ediciones vén de publicar os libros A Casa Grande e La Casa Grande; edicións en galego e castelán dunha obra publicada orixinalmente en portugués do autor João Manuel Ribeiro.
A obra —dirixida a primeiros lectores— será presentada o vindeiro sábado 3 de marzo ás 12:00 horas na Biblioteca Afundación de Santiago. No acto, o autor do texto, João Manuel Ribeiro, estará acompañado da súa tradutora, Ánxela Gracián e de Laura Rodríguez, editora.
Esperámosvos!
0 Comentarios